domingo, 13 de septiembre de 2020

CURSO 2020/ 2021

O equipo de educación infantil queremos darvos a benvida a un novo curso 

escolar. 

A pesar das circunstancias excepcionais nas que nos atopamos, 

queremos transmitirvos positivismo, seguridade e tranquilidade xa que 

faremos todo  o posible para que esta nova aventura que emprendemos, sexa 

 marabillosa tanto para os nenos/as como para vós, familias!!


viernes, 26 de junio de 2020

Este ano os nenos e nenas de Educación Infantil do colexio San Tomé estabamos a realizar un proxecto para crear unha curta de animación sobre o conto MaRiLuZ AvEsTrUz.

A ilusión e as ganas eran máximas, puxémonos man á obra e traballamos arreo moitos meses, pero chegou ás nosas vidas o COVID-19, paralizándoo todo, e tamén o noso proxecto.

A nova situación  impediunos continuar co traballo iniciado e isto produciunos un gran pesar, pero como sempre hai que ver o vaso medio cheo e ser positivos, co pouco material que xa tiñamos elaborado e que puidemos aproveitar, pois outro moito tivo que quedar no tinteiro ao non estar rematado, decidimos crear este anaco da nosa curta.

Esperamos que a desfrutedes ao máximo.

Tamén vos colgamos o vídeo de como se fixo, con algunhas fotos que reflicten o gran traballo realizado.

Por último, pequenos e pequenas, queremos agradecervos a vosa ilusión no traballo, o voso esforzo, as vosas ideas e a paciencia durante as gravacións.

Un bico xigante de todas as mestras de Educación Infantil.





miércoles, 13 de mayo de 2020

17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS

ACHÉGASE O NOSO DÍA: AS LETRAS GALEGAS

O PRÓXIMO DOMINGO É 17 DE MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!

ESTE ANO O AUTOR HOMENAXEADO É RICARDO CARVALHO CALERO, E PARA IR 
QUECENDO MOTORES PODEDES ACCEDER AO BLOG DO EQUIPO DE 
DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA, ONDE HAI VÍDEOS E ACTIVIDADES PARA 
SABER UN POUQUIÑO MÁIS DESTA PERSOA TAN IMPORTANTE PARA A CULTURA E 
LINGUA GALEGA.


lunes, 4 de mayo de 2020

lunes, 6 de abril de 2020

TAREFAS SEMANA SANTA!!!

PARA ESTES DÍAS DE DESCANSO DE SEMANA SANTA, PROPOÑÉMOSVOS
 UNHA BATERÍA DE ACTIVIDADES PARA FACER EN 
FAMILIA E ASÍ FACER ESTES DÍAS MÁIS AMENOS, TANTO PARA OS PEQUENOS COMO PARA OS MAIORES!!!

VÉMONOS Á VOLTA E, MENTRES TANTO, DESFRUTADE MOITO.....







viernes, 3 de abril de 2020

RETO LECTORIÑO MES DE ABRIL!!!!

BOAS, NENOS E NENAS!!

AQUÍ VOS DEIXAMOS, PARA QUE RESOLVADES, O RETO QUE NOS PROPÓN LECTORIÑO, A MASCOTA DA NOSA BIBLIOTECA, PARA ESTE MES DE ABRIL!!!!

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR E...MOOOOOITA SORTEEEEEE!!!!


jueves, 2 de abril de 2020

PROGRAMACIÓN 2 DE ABRIL!!!

BOAS, NENOS E NENAS!!! 

HOXE TRAÉMOSVOS DÚAS PROPOSTAS MOI CHULAS!!

POR UN LADO, AS ACTIVIDADES PROGRAMADAS PARA HOXE SON PARA CELEBRAR E COMPARTIR CON TODOS O DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO!!!! 


E...POR OUTRO LADO, O RETO QUE NOS PROPÓN LECTORIÑO, A MASCOTA DA BIBLIOTECA DO COLE, PARA ESTE MES DE ABRIL!!! PODEDES ACCEDER A EL A TRAVÉS DA AULA VIRTUAL OU A TRAVÉS DO BLOG DA BIBLIOTECA, PINCHANDO EN...